Magnus Portus Artabrorum es la denominación que el geógrafo romano Estrabón, le dió a la zona de A Coruña en el siglo I a.c. Aspiro a que me dejéis comentarios sobre las noticias de actualidad que intentare sacar habitualmente, supongo que será una tarea difícil pero por lo menos podré contar todo lo que pienso.

¿Que che parece as intencions da Xunta respecto do galego?

Qué se dixo


lunes 25 de mayo de 2009

Os superdelegados


Creou a Xunta do PP unha figura "administrativa" que en apariencia pareciame unha boa idea pero pouco a pouco vaise transformando nunha sorte de representante do partido para controlar todalas zonas de Galicia. Tratase da figura dos "Superdelegados", unha sorte de delegados do governo para as diferentes áreas administrativas.



O caso é que a figura do "Superdelegado" naceu, según dixo Feijoo, coa intencion de aforrar e reducir os custos dos delegados das diferentes consellerias que tiñamos ata agora. Está reduccion mandou pra casa a preto de cincuenta delegados y reduciu o seu numero ata os actuais cinco representantes.

O proble xurde cando se publica nos xornais que cada delegado contará cun grupo de asesores e que o tan cacareado aforro se reducira a 15 millons de euros. Ademais o superdelegado de Ourense xa está imputado nun caso de corrupcion e ninguen lle reclamou nin tan sequera a suspension cautelar. ¿Que funcions terán estos "Supers"? ¿Con cantos asesores pode contar cada un? ¿Quen controla os gastos deses asesores?
Se a Xunta fai unha remodelacion administrativa e nas suas primeiras medidas está nomear un grupo de representantes oficias que están dirixidos dende Presidencia e un deles está acusado de corrupcion desde antes do seu nomeamento ¿onde está a rexeneracion democratica que dixo o Presidente que facia falta? Só levan cen días e xa estamos nestas.
Ben empezamos.

Leer más...

viernes 22 de mayo de 2009

A Coruña sede do mundial de futbol


Hoxe reunese en A Coruña a directiva da RFEF, onte o señor Villar reuniuse co Presidente de Xunta. Todo para comprobar a implicacion das autoridades no proxecto de sede do mundial para A Coruña que presentou o Real Club Deportivo. Un mundial implica impulso as infraestructuras, promocion turistica e unhas visitas estimadas de trescentos mil visitantes mentres dure o campiontao. ¿Podese permitir A Coruña e Galicia perder esta oportunidade?



Sinceramente NON. Unha cidade coma a nosa tan necesitada dun impulso nas suas infraestructuras non pode deixar pasar unha oportunidade que lle reportaria numerosos beneficios. Imaxinemos por un intre que A Coruña é sede do Mundial, parte dos seareiros chegarian a cidade por avion, o aeroporto de Alvedro, coa comodidade que supon ter esta instalacion tan preto da cidade comunicada por autovia co centro a traves da nova conexion dende a A6 e a terceira ronda. Os que non cheguen a cidade en avion fariano en AVE ata a nova estacion intermodal ou por estrada chegando o centro pola terceira ronda, facendo rutas pola comarca gracias a via Artabra.

Os visitantes atoparan unha cidade moderna cun bó transporte urbano (bus, metro lixeiro, tren de cercanias)e unha oferta cultural, gastronomica e de ocio axeitada, gracias as duas grandes áreas comerciais (Marineda Plaza e Dolce Vita) e as numerosas tendas e negocios de hosteleria que existen espalladas polas rúas comerciais da cidade.

O aloxomento dos visitantes fariase nos hoteis da cidade e da comarco, remodelados para a ocasion e que se beneficiaran desta remodelacion no futuro. En canto os partidos xogarianse no novo estadio de Riazor, un recinto do século XXI con todalas comodides e no que, despois do mundial, se xogaran os partidos europeos e de liga do representante deportivo da cidade o RC Deportivo.
Leer más...